Volver

DíA INTERNACIONAL DE LA TRADUCCIóN 2008

30. Septiembre. 2008
Día Internacional da Tradución 2008

Terminoloxía: palabras que contan

A tradución axúdanos a estar no mundo, a pórnos en contacto con el e a
pór o mundo en contacto connosco. A evolución que a tradución e a
interpretación teñen experimentado en Galicia nos últimos anos non pasa
desapercibida en ningún ámbito: a localización de software, a
interpretación en congresos, a tradución xurada, a literaria... son
todas actividades que requiren do saber e a habilidade de profesionais
da tradución e da interpretación. Neste sentido, a creación dunha
licenciatura propia na Universidade de Vigo marcou un antes e un despois
na profesionalización dun mercado inmerso na situación lingüística xeral.

A tradución e a interpretación contribúen ademais a anovar e a rexenerar
o idioma, para o que precisan de ferramentas válidas, entre elas, a
terminoloxía.

Cada 30 de setembro, día de san Xerome (autor da primeira tradución ao
latín da Biblia), celébrase o Día Internacional da Tradución, e este ano
queremos en Galicia secundar a proposta da Federación Internacional da
Tradución e renderlle homenaxe ao labor terminolóxico, o daqueles que se
dedican a procurar os termos precisos para as cousas, achegando así
claridade e eficacia á comunicación e contribuíndo ao intercambio de
coñecemento.


> Archivo adjunto:
DIT08_nota_prensa.pdf (16 KB)

Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación AGPTI - info@agpti.org
Web realizada por Blanca R.