Sen dúbida son moitas as ocasións en que as/os profesionais da tradución e da interpretación comprobamos a precariedade das nosas condicións laborais e a dificultade de facer oír os nosos intereses naquelas instancias que poderían provocar o cambio nesta situación. Da convicción de que só de maneira conxunta poderemos ter éxito nestes intentos nace a ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E DA INTERPRETACIÓN (AGPTI), que pretende establecer unha plataforma de traballo conxunto para as/os profesionais da tradución e da interpretación que traballan en Galicia. Os nosos principais obxectivos son:

  • Contribuír á mellora das condicións laborais das/os tradutoras/es e intérpretes no mercado galego a través da relación con empresas, clientes e institucións implicadas na actividade profesional da tradución e da interpretación.
  • Promocionar a lingua galega no mercado da tradución e da interpretación en todos os sectores económicos galegos.
  • Proporcionar ás/aos profesionais da tradución e interpretación posibilidades de formación continuada non formal.
  • Proporcionar un centro de recursos materiais e humanos para as/os profesionais da tradución e da interpretación.
  • Proporcionar asesoramento legal, administrativo e de calquera outro tipo que as/os profesionais da tradución e da interpretación poidan precisar.

 

 

 


Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación AGPTI - info@agpti.org
Web realizada por Blanca R.