|
DíA INTERNACIONAL DA TRADUCIóN 2008: HOMENAXE A VALENTíN ARIAS
30. Setembro. 2008
Este ano, no Día Internacional da Tradución, réndeselle homenaxe a Valentín Arias, un dos máis prolíficos tradutores da historia da tradución editorial en Galiza. Valentín Arias foi membro fundador no ano 1984 da Asociación de Tradutores Galegos, da que ademais foi presidente. Traduce fundamentalmente do francés, o portugués e o castelán, e a el debémoslle, entre outros moitos títulos, "O estranxeiro" de Albert Camus, "Voo de noite" de Antoine de Saint-Exupéry e "A volta ao mundo en oitenta días" de Jules Verne. En 1989 recibiu o Premio Ramón Cabanillas de Tradución (Xunta de Galicia) e o de Traducción Juvenil (Ministerio de Cultura). Destaca ademais polos seus numerosos artigos sobre o labor de tradución e a función de quen o exerce, especialmente en países con linguas minorizadas.
O acto de homenaxe terá lugar o día 30 de setembro ás 19.00 no auditorio do Centro Sociocultural Caixanova de Vigo.
> Arquivo adxunto: DIT08_poliptico_actividades_homenaxe_valentin_arias.pdf (1356 KB)
|