|
REUNIóN DE ASOCIACIóNS DE PROFESIONAIS DA TRADUCIóN, DA INTERPRETACIóN E DA CORRECCIóN (VIGO, 5 DE XUñO DE 2010)
21. Xuño. 2010
O día 5 de xuño, en Vigo, tivo lugar unha xuntanza entre os representantes de dez asociacións de tradutores/as, intérpretes e correctores/as con presenza en España.
A xuntanza, organizada pola AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación), tivo como principal obxectivo a sinatura dun convenio marco de colaboración entre estas entidades que pretende afianzar as relacións entre as representantes dun gremio que reúne máis de 3 000 profesionais asociados/as en toda España.
> Arquivo adxunto: ResumoReunionVigo_10_06_05_GL.doc (28 KB)
|