Voltar

CURSO SOBRE INFORMáTICA PRODUTIVA PARA PROFESIONAIS DA TRADUCIóN

13. Xuño. 2008
A AGPTI organiza o curso de formación Informática produtiva para profesionais da tradución, que terá lugar na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo o vindeiro 4 de xullo de 2008. Trátase dun curso destinado basicamente a profesionais da tradución, se ben tamén pode ser útil para o profesorado e o alumnado da licenciatura en Tradución e Interpretación, sobre todo dos últimos cursos. Con el preténdese ofrecer consellos, instrucións e trucos útiles para axilizar o traballo de tradución e aforrar tempo aproveitando ao máximo os recursos que ofrece a Internet, Windows, Office e outras moitas ferramentas gratuítas e comerciais a disposición dos profesionais deste sector.
O curso impartirao Xosé Castro Roig, tradutor informático e audiovisual cunha dilatada experiencia docente, tanto con estudantes como con profesionais da tradución.


> Arquivo adxunto:
Programa_Curso_Informatica_Produtiva.doc (70 KB)

 

 
Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación AGPTI - info@agpti.org
Web realizada por Blanca R.