|
XORNADA SOBRE TERMINOLOXíA E TRADUCIóN
29. Setembro. 2008
Cada 30 de setembro, día de san Xerome (autor da primeira tradución ao latín da Biblia), celébrase o Día Internacional da Tradución, e este ano queremos en Galicia secundar a proposta da Federación Internacional da Tradución e renderlle homenaxe ao labor terminolóxico, o daqueles que se dedican a procurar os termos precisos para as cousas, achegando así claridade e eficacia á comunicación e contribuíndo ao intercambio de coñecemento.
Por iso, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI), a Asociación de Tradutores Galegos (ATG) e o Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, coa colaboración da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural (Consellaría de Cultura e Deporte) decidimos celebrar unha xornada dedicada á terminoloxía e a tradución. Pódese consultar o programa no ficheiro adxunto.
> Arquivo adxunto: DIT08_programa_xornada_terminoloxia_traducion.pdf (432 KB)
|