
A remuneración digna do traballo resulta unha das cuestións máis importantes de calquera actividade económica. En xeral, as e os profesionais da tradución teñen que enfrontarse a un mercado no que o intrusismo leva a unha baixada constante de tarifas que cada vez fan que resulte máis difícil dedicarse a esta actividade profesional. Co fin de coñecer os prezos e condicións que os profesionais do sector adoitan aplicar polos seus servizos e poder ofrecer unhas pautas ou orientacións a todas/os as/os novas/os tituladas/os que se incorporan a este mercado, a Agpti elaborou e distribuíu unha enquisa entre as/os súas/seus asociadas/os para coñecer e difundir o estado actual da cuestión.

Todo/a cliente/a debe efectuar o pagamento do servizo no prazo de tempo estipulado no contrato de arrendamento de servizos. No caso de que se incumpra este prazo, o/a tradutor/a pode recorrer á vía legal correspondente. Os prazos de pagamento poden depender da lonxitude ou magnitude da tradución ou interpretación encomendadas e, así, pode establecerse un pagamento á vista, ou a 30 días, 60 días, etc. O modo máis habitual de realizar os pagamentos é nun prazo de tempo non superior a 60 días. Este prazo debe ser acordado entre as partes e constar expresamente no contrato asinado. Este contrato tamén pode contemplar a posibilidade de provisión de fondos. Desta maneira, o/a cliente/a comprométese a pagar unha porcentaxe da cantidade final estipulada ou unha contía fixa nun determinado prazo de tempo.
|

|

Nesta sección presentamos as tarifas recomendadas pola AGPTI para o ano 2003, establecidas tras unha consulta con axencias, outras asociacións profesionais do estado español e profesionais do mercado galego. O noso obxectivo é establecermos unhas tarifas que se axusten ás condicións existentes no mercado e que resulten igualmente dignas para que un/ha profesional poida vivir do seu traballo.A AGPTI entende que reflicten o custo real dos traballos de tradución e interpretación. Por este motivo, estas son as tarifas que se recomenda aplicar para calquera traballo de tradución ou interpretación, sen ter en conta quen é o/a demandante do servizo (cliente/a final ou intermediario/a).
A AGPTI recomenda que os intermediarios apliquen a tarifa do seu traballo de intermediación de xeito independente á do traballo de tradución ou interpretación. A pesar de que a aplicación destas tarifas independentes é un obxectivo da nosa Asociación, no caso de que o traballo de intermediación deba ser descontado do de tradución ou interpretación, recomendamos que este desconto non exceda do 10 % das tarifas indicadas nas táboas.
>>
voltar a tarifas
|