
TARIFAS APLICABLES Á REVISIÓN
A partir da información recollida pola AGPTI resulta moi difícil establecer unha tarifa media para os traballos de corrección, debido á complexidade de factores que poden influír en cada caso concreto. A corrección de documentos adóitase contabilizar ou ben por horas de traballo (entre 25 € e 30 € hora) ou ben por número de palabras (por exemplo, a metade ou a terceira parte do que se pagaría pola tradución, segundo as características do texto e da revisión). Neste caso, o/a revisor/a deberá examinar as condicións de traballo (estado do texto que debe revisar, prazos, tipo de revisión, etc.) e, en función destes factores, convir un prezo co/coa cliente.
A pesar de que a aplicación destas tarifas independentes é un obxectivo da nosa Asociación, no caso de que o traballo de intermediación haxa de ser descontado do traballo de tradución ou interpretación, recomendamos que este desconto non exceda do 10 % das tarifas indicadas na táboa.
>> voltar a tarifas |