Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Acto polo DIT: conferencia de Fernando Navarro

Gardado en Actividades Actualidade Asociación DIT
Acto polo DIT: conferencia de Fernando Navarro

Co gallo do Día Internacional da Tradución, a AGPTI e o Programa de Doutoramento T&P da Universidade de Vigo organizan, coa colaboración de Bitraga, BiFeGa e Cosnautas, unha conferencia do profesor e tradutor Fernando A. Navarro. Será o xoves 26 de setembro ás 11 horas no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución.

 

Neste acto presentarase o Libro rojo, un dicionario en liña de dificultades e dúbidas de tradución do inglés médico, e a plataforma de información biomédica para profesionais da lingua Cosnautas.

 

Como se anunciou anteriormente, Fernando Navarro tamén estará os días 27 e 28 de setembro na Universidade de Santiago de Compostela para impartir o III Curso de Tradución Médica organizado pola AGPTI.

 

Pódese acceder a máis información sobre a conferencia nesta ligazón do Programa T&P.