Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Videoconferencia «A tradución nas Nacións Unidas» en Vigo

A data para o próximo concurso das Nacións Unidas para a contratación de tradutoras/es de lingua española está fixada: 28 de xuño de 2016.
Con motivo dos cambios que se van introducir nesta convocatoria con respecto a convocatorias previas, o Servizo de Tradución cara ao Español da ONU está a impartir unha serie de videoconferencias durante os meses de febreiro e marzo en colaboración con asociacións profesionais e centros de formación en T/I de todo o mundo do ámbito lingüístico do español.
A elas súmase a AGPTI coa organización dunha videoconferencia en Vigo o 1 de marzo a partir das 18.30.
A videoconferencia terá lugar no Espacio Nido, na rúa Ferrería 25 (Casco Vello Alto).

 

Nela, dous representantes do Servizo de Tradución cara ao Español (Sabela Avión e José García) falarán dos aspectos seguintes:

  • O Servizo de Tradución cara ao Español das Nacións Unidas: sedes, composición e tipos de documentos
  • A tradución no servizo: funcións e evolución profesional. Modalidade de traballo: normas, referencias, terminoloxía e ferramentas. Sitio web do servizo (normas, anuncios, vacantes)
  • Incorporación ao servizo: perfil do/a tradutor/a e concurso (exame escrito e entrevista oral). Novas contratacións: capacitación inicial e período de probas. Tradución por contrata. Pasantías

 

A entrada é libre até completar aforo.
O peche de portas será ás 18.50 para asegurármonos de que non haxa interrupcións e garantir, na medida do posíbel, unhas condicións de audición óptimas.

 

Estase valorando a opción de gravar a videoconferencia, mais inda non o podemos confirmar.

 

Pódese consultar máis información sobre a convocatoria 2016 no sitio web do Servizo de Tradución cara ao Español das Nacións Unidas, onde tamén se inclúe diferente material audiovisual que aborda as cuestións que se tratarán na videoconferencia.