Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Colaboración da AGPTI no proxecto MELINCO

Gardado en Asociación Actualidade
Colaboración da AGPTI no proxecto MELINCO

A AGPTI é desde xa unha das entidades colaboradoras no proxecto «Mediación lingüística para a cooperación ao desenvolvemento (MELINCO)», coordinado pola Universidade de Vigo. Neste proxecto participan investigadoras/es de distintas áreas de coñecemento das universidades de Vigo, A Coruña, Granada, Trás-os-Montes e Alto Douro, Jaume I e Alacant.

O seu obxectivo é «contribuír á protección dos dereitos lingüísticos na cooperación para o desenvolvemento a través dunha serie de accións que redunden nunha mediación lingüística de calidade entre o persoal das ONGD e as persoas usuarias e destinatarias das súas accións de cooperación, desde unha perspectiva de Dereitos Humanos».

O proxecto, financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ten unha duración de dous anos, 2019-2020.