Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Corrección e ortotipografía da lingua española

Os días 28 e 29 de setembro terá lugar en Santiago de Compostela o curso "Corrección e ortotipografía da lingua española" impartido por Antonio Martín, presidente de UniCo.

O curso abordará diferentes aspectos de ortotipografía da lingua española (entre outros, interferencias con outras linguas e cambios recentes na normativa), así como de corrección (procedementos, automatización de tarefas mediante programación de macros en Microsoft Word etcétera).

Podedes descargar a convocatoria completa en galego aquí, en castelán aquí e o formulario de preinscrición aquí.

Profesor:
Antonio Martín Fernández. Licenciado en Filoloxía Hispánica. Universidade Complutense de Madrid. Director xerente e socio fundador de CÁLAMO&CRAN S. L., empresa centrada en revalorizar os oficios dos profesionais do sector editorial (correctores, maquetadores, editores) e da linguaxe (redactores, tradutores e correctores).
Ao longo destes anos traballou como corrector e editor para distintas editoriais nacionais e multinacionais, empresas privadas de distintos sectores, así como entidades públicas, institucións e universidades. Colaborou con distintas universidades da contorna europea e americana con relatorios e conferencias sobre corrección, así como impartindo cursos de corrección profesional e de estilo, redacción e ferramentas informáticas aplicadas á edición.
Así mesmo, é o promotor e fundador de UniCo, a Unión de Correctores, que preside dende 2005. Mediante este labor agrupou os profesionais da corrección de probas e de estilo, asesores lingüísticos e a quen exerce estas actividades dentro da súa profesión.
Por estes méritos, a Casa del Corrector da Fundación Litterae distinguiuno como socio de honra desta entidade en 2009.
É un dos catro membros de Palabras Mayores, grupo de formadores informais e viaxeiros da linguaxe, a edición, a tipografía e a tradución.

Programa:
Corrección e revisión dende o punto de vista de quen traduce (que precisa saber un tradutor sobre corrección).
Erros frecuentes (de uso e de ortotipografía comparada).
Como sacarlle moito máis proveito a Word na corrección e revisión.

Material necesario:
Computador (preferiblemente PC con MsWord versións 2007 ou 2010)

Horario:

Venres, 28 de setembro:
16.00 – 17.45
17.45 – 18.15: descanso
18.15 – 20.00

Sábado, 29 de setembro:
10.00 – 11.45
11.45 – 12.15: descanso
12.15 – 14.00


Lugar
Gran Hotel Santiago
Avda. Maestro Mateo s/n
15706 Santiago de Compostela
Tel. 981 53 42 22

Ligazón do centro:
http://www.gh-hoteles.com/es/hoteles-santiago-compostela-centro.html

Preisncricións
Para vos preinscribir neste curso, enchede o formulario que atoparedes aquí.

Prazo de preinscrición: dende hoxe até o 13 de setembro

As cotas de matrícula son de 80 € para socias/os da AGPTI, 100 € para socias/os da rede Vértice* e 135 € para non-socias/os. Pregámosvos que non paguedes mentres non vos confirmemos que estades admitidas/os. A confirmación farase unha vez rematado o prazo de preinscrición e comunicarase por correo electrónico, tanto a admisión coma os pasos que debedes seguir para formalizardes a matrícula.
Dado que o número de prazas é limitado, daráselles preferencia ás socias e socios da AGPTI. Polo demais, a admisión realizarase por estrita orde de chegada das solicitudes de preinscrición, criterio que rexerá tamén no caso de que algunha das persoas preinscritas non formalice a matrícula no prazo estipulado e cumpra recorrer á lista de espera, de a houber.

* A rede Vértice está formada polas seguintes asociacións: AATI, ACEC, ACEtt, AGPTI, AIPTI, APTIC, APTIJ, ASATI, Asetrad, ATIJC, ATRAE, EIZIE, MET, Tremédica, UniCo e la Xarxa.

Esperamos que o curso sexa do voso interese.

Recibide un cordial saúdo,
Ana Mirás e Rossana Couto
Área de Formación da AGPTI