Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Curso de Tradución xurídica fr>esp

Gardado en Cursos

A AGPTI organiza, os días 8 e 9 de xuño, en Santiago de Compostela un curso de tradución xurídica, impartido polo Dr. Nicolás A. Campos Plaza. Dividirase en 4 horas dedicadas a aspectos teóricos relevantes e 4 horas prácticas dedicadas á tradución, explicación e explotación de varios textos xurídicos: leis (dereito penal), contratos, testamentos e sentenzas.

 

Para máis información: en galego, en español.

 

Tradución xurídica fr>esp
8 e 9 de xuño de 2012
Santiago de Compostela

 

Profesor:

Dr. Nicolás Antonio Campos Plaza, catedrático de Tradución e Interpretación, iniciou a súa actividade docente a finais dos 70 como catedrático do Ensino Medio, aínda que a súa estancia na École Normale Supérieure de Saint-Cloud, en París, un centro especializado na análise do discurso político e en lexicometría, foi o que lle permitiu profundar na investigación en terminoloxía e tradución. Impartiu docencia de terceiro ciclo nas universidades de Madrid, Málaga, Murcia e Castela-A Mancha, onde obtivo en dúas ocasións a cátedra de Lingua e Lingüística francesas.
En 2006, trasladouse á Universidade de Murcia en Comisión de Servizo para impartir docencia na titulación de Tradución e Interpretación que se acababa de crear, nomeadamente nas materias especializadas de Tradución Xurídica e Económica. É ademais Director-Coordinador do Máster Universitario en Tradución Editorial.
É autor dunha decena de libros, entre eles, o Diccionario jurídico-económico francés-español/español-francés, o Diccionario de cultura y civilización francesa e El español lengua de cultura, lengua de traducción, obras que son utilizadas por tradutores e alumnos de moitas universidades. Taduciu varias obras para a editorial Akal e co seu grupo de investigación verteu ao francés e ao inglés, por encargo do Tribunal Supremo, La Crónica de Jurisprudencia. Tamén publicou máis de medio centenar de artigos.

 

Programa:

O curso dividirase en 4 horas dedicadas a aspectos teóricos relevantes:

1. Introduction /  Introdución
2. Caractéristiques du langage juridique / Características da linguaxe xurídica
2.1. L’origine lexicale du langage juridique français et espagnol : le fond commun, les emprunts et les calques / A orixe léxica da linguaxe xurídica francesa e española: o fondo común, os préstamos e os calcos
2.2. Caractéristiques lexicales / Características léxicas
2.3. Caractéristiques stylistiques / Características estilísticas
2.4. Caractéristiques syntaxiques / Características sintácticas
2.5. Caractéristiques discursives / Características discursivas
3. Les problèmes d’équivalence dans les dictionnaires juridiques interlinguistiques / Os problemas de equivalencia nos dicionarios xurídicos interlingüísticos
4. Équivalents terminologiques des organes judiciaires et de l’ordre juridictionnel français et espagnols / Equivalentes terminolóxicos dos órganos xudiciais e da orde xurisdicional francesa e española
4.1. L’ordre judiciaire / A orde xudicial
4.2. Équivalences / Equivalencias
5. Équivalents terminologiques du personnel juridictionnel  / Equivalentes terminolóxicos do persoal xurisdicional
5.1. Juges et magistrats / Xuíces e maxistrados
5.2. Les procureurs / Os fiscais
5.3.  Les assistants de la Justice / Os asistentes da xustiza
5.4. Les professions libérales / As profesións liberais
Conclusion / Conclusións
Bibliographie / Bibliografía

E 4 horas prácticas dedicadas á tradución, explicación e explotación de varios textos xurídicos: leis (dereito penal), contratos, testamentos e sentenzas.

 

Horario:

Venres 8 de xuño:
16.30 – 17.30
17.30 – 18.00: descanso
18.00 – 20.30
21:00 −  Cea do curso (para quen estea interesado/a)

Sábado 9 de xuño:
10.00 – 12.00
12.00 – 12.30: descanso
12.30 – 14.00

 

Lugar de celebración

Gran Hotel Santiago
Avda. Maestro Mateo s/n 15706 Santiago de Compostela
Tel. 981 53 42 22

 

Preinscricións

Para vos preinscribir no curso, cubride o formulario que atoparedes aquí.

Prazo de preinscrición: dende hoxe até o 20 maio de 2012

As cotas de matrícula son de 80 € para socias/os da AGPTI, 100 € para socias/os da rede Vértice* e 135 € para non-socias/os. Pregámosvos que non paguedes mentres non vos confirmemos que estades admitidas/os. A confirmación farase unha vez rematado o prazo de preinscrición e comunicarase por correo electrónico, tanto a admisión como os pasos que debedes seguir para formalizardes a matrícula.

Dado que o número de prazas é limitado, daráselles preferencia ás socias e socios da AGPTI. Polo demais, a admisión realizarase por estrita orde de chegada das solicitudes de preinscrición, criterio que rexerá tamén no caso de que algunha das persoas preinscritas non formalice a matrícula no prazo estipulado e cumpra recorrer á lista de espera, de a houber.

 

* A rede Vértice está formada polas seguintes asociacións: AATI, ACEC, ACEtt, AGPTI, AIPTI, APTIC, APTIJ, ASATI, Asetrad, ATIJC, ATRAE, EIZIE, MET, Tremédica, UniCo e la Xarxa.

 

Esperamos que o curso sexa do voso interese.

Recibide un cordial saúdo,
Ana Mirás e Rossana Couto
Área de Formación da AGPTI