Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Curso de tradución xurídico-administrativa gl>es>gl

Gardado en Cursos Asociación
Curso de tradución xurídico-administrativa gl>es>gl

Despois dunhas semanas de aprazamento, o pasado 13 de decembro por fin se puido celebrar o curso de tradución xurídico-administrativa galego-español-galego organizado pola nosa asociación.

 

Iolanda Galanes, doutora en Filoloxía Galega e profesora na Universidade de Vigo, impartiu na Facultade de Filoloxía da USC un curso moi interesante e eminentemente práctico no que compartiu cos alumnos unha morea de recursos de consulta e coñecementos moi actualizados para a tradución xurídico-administrativa.

 

O curso resultou moi produtivo, cunha escolla de textos axeitada e adaptada ás preferencias do alumnado, e nel abordouse, entre outros temas, o uso das maiúsculas, técnicas de simplificación para conseguir textos máis accesibles aos cidadáns e fraseoloxía. Ademais, os asistentes compartiron unha comida de fraternización para se coñecer mellor e pasar un bo momento entre colegas e amigos.