Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Cursos de memoQ

Gardado en Cursos
Cursos de memoQ

A AGPTI organiza en Santiago de Compostela un curso de iniciación e un curso de perfecionamento do programa de TAO MemoQ os días 8 e 9 de marzo de 2013, respectivamente. O curso será impartido por Iago Marra Pérez, tradutor técnico, usuario experto e formador de memoQ.

8-9 de marzo de 2013

Santiago de Compostela

Profesor:

Iago Marra Pérez traballa dende hai máis de 10 anos para Maruboshi Europe BV en Ámsterdam, sede central en Europa de Maruboshi Co. Ltd. pertencente ao grupo xaponés CMC inc.

Desempeñou funcións de tradutor técnico, coordinador de proxectos e responsable de sistemas de tradución. Os seus campos de traballo actuais son as tecnoloxías aplicadas á creación, tradución e publicación de documentación técnica como, por exemplo, a xestión de contidos ou a tradución automática.

Principalmente, desenvolve solucións para fabricantes de automóbiles, maquinaria pesada, robótica e electrónica, no mercado xaponés, sueste asiático e europeo. Isto inclúe funcións de formación para clientes e dentro da súa propia organización.

A súa colaboración con Kilgray empezou hai dous anos, implementando o uso de MemoQ nos departamentos de tradución de tres sedes da súa empresa e formando o seu cadro de persoal. Xestores de proxectos, tradutores autónomos, provedores de tradución e membros dos equipos de tradución internos de Maruboshi e CMC utilizan a ferramenta para parte dos seus traballos con ampla satisfacción dende entón.
Iago participa habitualmente en diversos eventos internacionais da industria da tradución, presentacións, mesas redondas etcétera,. incluíndo eventos específicos de MemoQ.


Programa:

1. Temario do curso de iniciación (venres 8 de marzo)

    Principios básicos de TAO
    MemoQ: Introdución
        Compoñentes
        Arquivos e formatos
        Fluxos de traballo
    Creación/recepción de proxectos
    Tradución de diferentes formatos en MemoQ
        MS Office (DOC/X, XLS/X, CSV, PPT/X)
        Configuración doutros formatos
    Creación de recursos e consola de recursos
    Introdución á terminoloxía
    Concordancia (busca de fragmentos na memoria de tradución)
    QA e as súas funcións incluíndo revisión ortográfica


2. Temario do curso de perfeccionamento (sábado 9 de marzo)

    Versións de MemoQ
    Interface avanzado de MemoQ:
        Compoñentes
        Arquivos e formatos
        Fluxos de traballo
    Creación de proxectos avanzados
    Estatísticas
    Traballar con Views, filtrado e ordenación
    Autoxestión da memoria de tradución
    QA e as súas funcións
    Correctores ortográficos. Diferenzas entre Hunspell código aberto e Microsoft Office
    LiveDocs e aliñamento
    MemoQ server
    Terminoloxía avanzada, extracción de termos e vinculación con produtividade e calidade
    Compatibilidade con outras ferramentas de tradución

 

Material necesario:
Ordenador. Kilgray proporcionaranos unha licenza de tipo demo específica para o curso.

 

Horario:
O horario será o mesmo para o curso de iniciación e o de perfeccionamento.

Mañá
9.30 – 11.30      
11.30 – 12.00     Descanso
12.00 – 14.00  

 

14.00 – 16.00    Comida

 

Tarde
16.00 – 17.30
17.30 – 18.00    Descanso
18.00 – 19.30

 

Lugar
Husa Ciudad de Compostela
Avenida de Lugo, 213
15703 Santiago de Compostela
Tel. (+034) 981 569 320

 

Ligazón do centro:
http://www.husa.es/es/nuestros-hoteles/hotel/v/u/husa-ciudad-de-compostela

 

Número de prazas
15 prazas para iniciación e 15 prazas para perfeccionamento

 

Preinscricións

Para preinscribirse:
- no curso de iniciación que terá lugar o venres 8 de marzo, cubride o formulario que atoparedes aquí.
- no curso de perfeccionamento que terá lugar o sábado 9 de marzo, cubride o formulario que atoparedes aquí.

 


Prazo de preinscrición: dende hoxe até o 30 de  xaneiro de 2013.

 

As cotas de matrícula son de 95 € para socias/os da AGPTI, 115 € para socias/os da rede Vértice* e 150 € para non-socias/os. Pregámosvos que non paguedes mentres non vos confirmemos que estades admitidas/os. A confirmación farase unha vez rematado o prazo de preinscrición e comunicarase por correo electrónico, tanto a admisión coma os pasos que debedes seguir para formalizardes a matrícula.

Dado que o número de prazas é limitado, daráselles preferencia ás socias e socios da AGPTI. Polo demais, a admisión realizarase por estrita orde de chegada das solicitudes de preinscrición, criterio que rexerá tamén no caso de que algunha das persoas preinscritas non formalice a matrícula no prazo estipulado e cumpra recorrer á lista de espera, de a houber.

* A rede Vértice está formada polas seguintes asociacións: AATI, ACEC, ACEtt, AGPTI, AIPTI, APTIC, APTIJ, ASATI, Asetrad, ATIJC, ATRAE, EIZIE, MET, Tremédica, UniCo e la Xarxa.

Esperamos que o curso sexa do voso interese.

Recibide un cordial saúdo,
Ana Mirás e Rossana Couto
Área de Formación da AGPTI