Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Ciclo de cine «Silencio... Tradúcese!»

Gardado en Actividades
Ciclo de cine «Silencio... Tradúcese!»

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación e o Cineclub Lumière de Vigo organizan, en colaboración co Goethe-Institut, a Embaixada de Suíza en España e o Concello de Vigo, o ciclo «Silencio... Tradúcese!», unha mostra sobre a representación da tradución e da interpretación no cine.

 

A da tradución e interpretación é unha profesión ben pouco visible, da que algúns directores ―e, sobre todo, directoras― botaron man nalgunha ocasión para contaren as súas historias.  Este ciclo quere ser unha pequena mostra de películas que fan un primeiro plano desta actividade silandeira, mais esencial, e que converten tradutoras e intérpretes en protagonistas.

 

O ciclo terá lugar os catro primeiros luns de outubro, ás 20.30 horas, no auditorio do concello de Vigo, dentro do marco dos actos de conmemoración do Día Internacional da Tradución, que se celebra o día 30 de setembro. Forman parte deste ciclo un documental e tres películas de ficción, ningunha delas estreada oficialmente en España.

 

Pódese consultar aquí o programa.

 

Entradas:
Socias/os de AGPTI e licenciadas/os e estudantes de Tradución e Interpretación*: 2 €
Socias/os Cineclub Lumière: 4 €
Prezo normal: 5 €

 

*As/os socias/os de AGPTI deberán presentar o carné de asociada/o e as/os estudantes deberán presentar fotocopia do resgardo de matrícula.