Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

III Curso de Tradución Médica

Gardado en Cursos Asociación
III Curso de Tradución Médica

Xa está aberto o período de preinscrición no III Curso de Tradución Médica organizado pola AGPTI. Este curso terá lugar os días venres 27 e sábado 28 de setembro na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e será impartido por unha autoridade no campo da tradución médica inglés-español: Fernando A. Navarro.

 

Programa e horario:

 

  • Venres 27 de setembro

17:00 – 18:45 «A xerga dos médicos»
18:45 – 19:15 Descanso
19:15 – 21:00 Taller práctico: tradución EN>ES dun texto médico
21:30 − 23:30 Cea de confraternización (optativa)

 

  • Sábado 28 de setembro

10:00 – 11:45 Taller práctico: revisión dunha tradución médica EN>ES
11:45 – 12:15 Descanso
12:15 – 14:00 «A xerga dos pacientes»


Para se preinscribir neste curso, é preciso cubrir este formulario.


Prazo de preinscrición: ata o 16 de setembro.

 

Para máis información sobre o curso, pódese consultar este documento (versión en galego) ou estoutro (versión en español).