Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Nova merenda-conversa: Abbyy FineReader e Xbench

Gardado en Merenda-conversa
Nova merenda-conversa: Abbyy FineReader e Xbench

"Programas que facilitan a vida das/os profesionais da tradución: Abbyy FineReader e Xbench" é o título da segunda merenda-conversa deste ano 2018. A primeira sesión, sobre o programa de OCR, estará dirixida por Rocío Ignacio, e a segunda, sobre Xbench, por Cristian Marcote.

 

O encontro terá lugar no día venres 23 de novembro de 16:30 a 21:00 horas no Centro Sociocultural José Saramago de Vite (Santiago de Compostela). Consulta aquí como acceder ao lugar.

 

Hai 20 prazas en total (para membros da AGPTI) que se adxudicarán por orde de inscrición. Para se anotar, é preciso encher o formulario nesta ligazón.

 

As merendas-conversa son un formato de encontro para membros da asociación co obxectivo de compartir coñecementos e experiencias e pasar un bo momento.

 

Neste documento pódese consultar todos os datos e o programa das dúas sesións que compoñen a merenda-conversa.