Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Unha obra traducida por María Reimóndez recibe o premio Follas Novas de tradución

Gardado en Actualidade
Unha obra traducida por María Reimóndez recibe o premio Follas Novas de tradución

O pasado 15 de maio celebrouse no Teatro Principal de Santiago de Compostela a sexta gala dos premios Follas Novas (coñecida anteriormente coma Gala do Libro Galego).
Con esta cerimonia, organizada pola Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), quíxose repasar "a actividade dun exercicio, o 2020, especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro".


A vencedora na categoría de tradución foi A nosa Negra (título orixinal: Our Nig), obra de 1859 da autora Harriet E. Wilson, traducida por María Reimóndez, socia fundadora da AGPTI. A edición galega foi publicada pola editorial Hugin e Mugin.
 

O xurado destacou a "achega á lingua galega un libro fundamental da revisión histórica a través da literatura, introducindo a historia contada desde as persoas subalternas".

Nas edicións de 2019 e 2020, tamén gañaron obras traducidas por socias da AGPTI (A señora Dalloway de Virginia Woolf, traducida por Celia Recarey, e Frankenstein de Marey Shelley, traducida por Samuel Solleiro).