Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Obradoiro sobre OmegaT

Gardado en Cursos

Este venres, antes da asemblea xeral ordinaria de socias e socios, terá lugar en Santiago de Compostela, de 16.30 a 17.30, un obradoiro sobre o software de tradución asistida OmegaT. O encargado de impartilo será Fernando Moreiras, tradutor profesional. A entrada é libre e de balde!

 

Contidos: Introdución ás posibilidades e funcións da ferramenta libre de tradución asistida por ordenador OmegaT; comparativa e compatibilidade con outras ferramentas TAO

 

Lugar: Casa da Xuventude de Santiago de Compostela, Praza do Matadoiro (ao carón da rúa Virxe da Cerca, preto da rúa de San Pedro)