Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Primeira merenda-conversa do 2019: Falamos do “I” da AGPTI?

Gardado en Merenda-conversa Asociación Actividades
Primeira merenda-conversa do 2019: Falamos do “I” da AGPTI?

Abriuse o prazo de inscrición para a primeira merenda-conversa do 2019: "Falamos do 'I' da AGPTI? A interpretación en Galicia". As sesións estarán dirixidas polas profesionais Ana Mirás e Lara Santos e nelas debaterase, entre outros aspectos, sobre o mercado da interpretación e as condicións laborais.

 

O encontro terá lugar no día venres 11 de xaneiro de 16:30 a 21:00 horas no Centro Sociocultural José Saramago de Vite (Santiago de Compostela). Pódese consultar aquí o acceso ao lugar.

 

As prazas adxudicaranse por orde de inscrición, se ben terán preferencia as socias e os socios da categoría de profesionais da AGPTI que figuren como especializados en interpretación na base de data da asociación. O prazo de inscrición é até o 8 de xaneiro. Para se anotar, é preciso encher o formulario nesta ligazón.

 

As merendas-conversa son un formato de encontro para membros da asociación co obxectivo de compartir coñecementos e experiencias e pasar un bo momento.

 

Neste documento pódese consultar todos os datos e o programa das dúas sesións que compoñen a merenda-conversa.