Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Programa da AGPTI para a Culturgal 2019

Gardado en Culturgal Premio Xela Arias Actividades Asociación
Programa da AGPTI para a Culturgal 2019

Este venres día 29 de novembro comeza unha das grandes citas da cultura galega: a Culturgal volve celebrarse no Pazo da Cultura de Pontevedra, este ano co lema "Dálle unha volta á feira!".

 

A AGPTI estará presente máis unha vez cun posto propio e diversas actividades programadas ao longo dos tres días de feira cultural.

 

Velaquí o programa de actividades da AGPTI:

 

VENRES 29 DE NOVEMBRO:

  • 12.00-12.30: Contacontos traducido (no posto da AGPTI)
  • 20.15-20.45: Se quen traduce falase... Conversa sobre tradución literaria con Carlos Valdés e María Alonso Sesidedos, moderada por Patricia Buxán (Espazo Libro)
  • 20.45-21.00: Entrega do II Premio Xela Arias á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (Espazo Libro)

 

SÁBADO 30 DE NOVEMBRO:

  • 12.00-12.30: Contacontos traducido (posto da AGPTI)
  • 17.15-17.45: Faladoiro sobre a interpretación nas industrias culturais con Susana Piñón e Lara Santos (posto da AGPTI)

 

DOMINGO 1 DE DECEMBRO:

  • 11.30: Sorteo do concurso "Atopa o erro!" (posto da AGPTI)
  • 12.00-12.30: Contacontos traducido (posto da AGPTI)
  • 12.30-13.00: Faladoiro sobre a tradución ao francés de Historia de Galicia, con Béatrice Pépin e Ramón Villares, presentado por Raquel Senra (posto da AGPTI)
  • 17.15-17.45: Tradución de series de TV: experiencias nun mercado en auxe, con Rosa Camiña e Lucía Vázquez, presentado por Manuel Arca (Espazo Foro)

 

Ademais, no noso posto haberá xogos relacionados coa tradución e coas linguas e poderase participar no concurso "Atopa o erro!". Destacamos tamén a cerimonia de entrega do II Premio Xela Arias, que este ano foi outorgado á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.