Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Seminario en liña sobre «Xestión do correo electrónico»

Gardado en Cursos

A AGPTI abre o prazo de preinscrición para o seminario en liña sobre «Xestión do correo electrónico» que terá lugar o 24 de abril de 2015. Será impartido por José-Luis Morais.

 

Este seminario en liña, que se vai impartir en galego, pretende ofrecer unha panorámica de posibilidades para manter ben ordenado o correo electrónico, a gusto de cadaquén, porque non existe un único xeito de organizar ou ordenar as cousas. Por medio de exemplos prácticos aplicados á realidade dos profesionais da tradución, neste cursiño veremos como se poden xestionar e controlar varias contas de correo nun só xestor de correo e non agoniarse con centos de mensaxes. Veremos a forma de non desprecatar o correo, de crear filtros e cartafoles, de redirixir o correo e non perder mensaxes importantes, ademais de aproveitar as ferramentas gratuítas asociadas ao correo electrónico. Ademais, tamén veremos métodos para ter o correo persoal e o profesional nun só xestor pero sen os ter mesturados.

 

José-Luis Morais (@lmoraisl), licenciado en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo, traballa fundamentalmente dende o francés ao español e ao galego. Maniático confeso e alérxico á desorde, é membro de tres asociacións de tradutores (AGPTI, ASETRAD e SFT). Os seus ámbitos de especialidade abranguen a tradución creativa, a comunicación empresarial, os produtos de luxo (cosmética, perfumaría ou reloxaría), a medicina alternativa, a gastronomía e o turismo.

 

Data e hora: 24 de abril de 2015. De 16.30 a 18.30

 

Prezo: 20 EUR para socios da AGPTI, 25 EUR socios da Rede Vértice* e 30 EUR para non socios

 

Inscrición: O prazo para se inscribir remata dous días antes da data na que se celebra o seminario, ás 00.00 do 23 de abril de 2015. Fai clic aquí para facer a túa inscrición.

 

Vantaxes dos seminarios en liña da AGPTI
- Oferta de formación a prezo vantaxoso.
- Posibilidade de establecer contacto e comunicarse con outros compañeiros de profesión e presentar preguntas e dúbidas sobre temas cotiás no noso traballo.
- Aumentar a produtividade.
- Adquirir coñecementos que permitan ampliar os nosos eidos de traballo.
- Aforrar tempo (e cartos) na realización de tarefas rutineiras.

 

Acceder á convocatoria en versión pdf.