Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Sobre a convocatoria de persoal técnico auxiliar de tradución por parte da Deputación Provincial de Pontevedra

Gardado en Actualidade Asociación

No pasado 29 de maio, a Deputación Provincial de Pontevedra anunciou unha convocatoria dunha praza de técnica ou técnico auxiliar de tradución encadrada no grupo C1. As candidatas e candidatos deben «posuír o título de bacharelato ou técnico» e, por tanto, non se ten en conta o grao en Tradución e Interpretación, impartido pola Universidade de Vigo.

 

A AGPTI acaba de remitir á Deputación Provincial de Pontevedra unha queixa en relación con esta convocatoria, xa que considera que a titulación de bacharelato non cualifica para un traballo de tradución e que a única explicación para a clasificación desta convocatoria debe ser a salarial.

 

A AGPTI solicita á Deputación a retirada ou rectificación deste requisito na convocatoria dando, como mínimo, prioridade ás persoas que teñan unha titulación axeitada para o posto.