Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

"Tira (máis) proveito de Xbench"

Gardado en Merenda-conversa
"Tira (máis) proveito de Xbench"

Na AGPTI seguimos apostando polas merendas-conversa, un modo ameno de pasarmos a tarde compartindo coñecementos e coñecéndonos mellor.

A segunda merenda-conversa do ano, realizada o pasado venres 5 de abril, foi unha continuación da do 23 de novembro de 2018. Nesta ocasión, Ana Mirás e Paloma Barrera reveláronnos novos segredos do programa Xbench.

 

Por unha banda, Ana ensinounos que este software pode ser unha ferramenta moi útil non só para a tradución senón tamén para a interpretación, xa que permite incluir diferentes macroglosarios e facer buscas inmediatas e centralizadas.


Por outra, Paloma ofreceunos trucos para realizar un control de calidade moi exhaustivo, empregando as expresións regulares e os comodíns de Word para personalizar as listas de comprobación e adaptalas ao traballo e aos erros máis frecuentes que cometemos.


Ambas as dúas demostraron amplos coñecementos do programa, e as asistentes descubriron novos usos para aplicar no seu traballo cotián.