Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Visita e xantar da AGPTI en Vigo, o 29 de decembro

Visita e xantar da AGPTI en Vigo, o 29 de decembro

O venres 29 de decembro xuntarémonos en Vigo para facer unha visita e un xantar da asociación, para conversar un pouco e coller forzas. Estas actividades están abertas a socias/os e non-socias/os.

 

Visitaremos o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Vigo (http://bit.ly/2zkkpIY), na estación marítima, xusto detrás do C. C. A Laxe. A visita é gratuíta e comezará ás 11:00. O punto de encontro é a porta principal da estación marítima ás 10:55. No caso de xurdir unha emerxencia real, ou cando así o considere Salvamento Marítimo, a visita cancelarase ao momento.

 

O xantar será ás 14:00 no restaurante Isola Bella (Rúa Ecuador, 23) e o prezo do menú son 17 €. O menú inclúe:

- Luras
- Ensalada
- Champiñóns con xamón
- Pizza artesanal
- Sobremesas caseiras variadas
- Sangría/refrescos/auga

 

Quen precise algunha adaptación do menú ou queira inscribirse, só ten que enviar un correo electrónico a presidencia@agpti.org até o día 28 ás 12.00. O pagamento efectuarase in situ.