Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Xantar de Aninovo da AGPTI

Gardado en Asociación Actividades
Xantar de Aninovo da AGPTI

O vindeiro 4 de xaneiro de 2020, a AGPTI celebrará un xantar de confraternización en Santiago de Compostela ao que poden asistir profesionais da tradución e da interpretación, sexan ou non membros da asociación.

 

Nesa xornada haberá as seguintes actividades:

 

- Ás 14.00: xantar no restaurante O Dezaseis, en Santiago de Compostela. Menú de grupo contratado: n.º 1 do pdf deste arquivo. Prezo: 25 €/persoa.

 

- 17.30-18.45 aprox.: visita comentada de balde á exposición «Galicia, un relato no mundo», na Cidade da Cultura. Visita guiada dirixida ao público xeral; máximo: 25 persoas por grupo, que accederán por rigorosa orde de chegada.

 

A inscrición pódese realizar a través deste formulario até o xoves día 2 de xaneiro de 2020 ás 13.00 h.

 

Para calquera dúbida relacionada con estas actividades, pódese escribir a este enderezo.