A AGPTI estará no Culturgal entre o 1 e o 3 de decembro

A AGPTI volverá este ano estar presente no Culturgal, que se celebra entre o 1 e o 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Ademais de estarmos no noso posto (n.º 42 do recinto) os tres días da feira, con actividades para dar a coñecer a nosa profesión, o domingo 3 estaremos no Espazo Libro de 13.30 a 14.00 para contar anécdotas e curiosidades da interpretación no eido cultural, con Sabela Castro e Moisés Rivadulla, dous intérpretes que traballan nese ámbito.

Animámosvos a visitardes o noso posto; estamos a preparar unha actividade sorpresa e temos material novo da asociación.