A AGPTI no Culturgal 2015

Este ano 2015, a AGPTI volve ter presenza no Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, para pór en valor o papel da tradución e a interpretación nas industrias culturais. Estaremos no stand 12 do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Este ano, damos inicio a unha liña de faladoiros sobre a T/I especificamente no sector cultural, e facémolo coa tradución literaria en Galiza nun acto que terá lugar o domingo 6 de decembro, no espazo Foro, de 16.15 a 17.00, e que contará coa moderación de Ana Luna Alonso, profesora da Universidade de Vigo e responsable da Biblioteca de Tradución Galega (BITRAGA), e coa participación das tradutoras María Alonso Seisdedos e María Reimóndez Meilán, todas elas socias da AGPTI. Nun faladoiro é fundamental a participación do público: contamos convosco!

Planifica a túa visita ao Culturgal: