O A Fondo, coordinado por Gonzalo Constenla, inclúe varios artigos de opinión sobre a profesión
O especial, titulado “Tradución en Galiza: calidade en precario”, inclúe artigos de María Reimóndez (Entes líquidAs), Robert Neal Baxter (A tradución e a interpretación como fenómeno sociolóxico), Josu Zabaleta (O lugar da tradución das linguas minoritarias), Carlos Quiroga (A questione lusa)e unha entrevista de Gonzalo Constenla a Eva Almazán, membro da equipa que traduciu ao galego o Ulises de Joyce, merecente do premio estatal de Tradución. Ademais, inclúese un artigo de tres membros da directiva da AGPTI, no que se traza unha panorámica da tradución desde o punto de vista profesional e asociativo.
Nesta ligazón podemos ler a introdución do especial, que pode adquirirse na páxina de Sermos Galiza.