A AGPTI participa nunha mesa redonda sobre saídas profesionais na Facultade de Filoloxía da USC

Dentro da súa liña de actividades para informar o estudantado sobre as saídas profesionais dos graos impartidos neste centro, a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela organiza unha mesa redonda sobre a polivalencia destes estudos.

Nesta mesa redonda falarase de tradución especializada, normalización e planificación lingüísticas e o traballo no ámbito editorial. Terá lugar o martes 10 de maio ás 17.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía (Avda. Castelao, s/n, Campus Norte – Santiago de Compostela). Nela intervirán Rossana Couto Lago, da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, Isabel Vaquero Quintela, do Servizo de Normalización Lingüística da USC, e Ana María Guerra Cañizo, directora de Edicións Obradoiro.