A rede española de asociacións de profesionais da tradución, da interpretación e da corrección foi creada en maio de 2009. Desde entón, a AGPTI ten participado activamente nela. Neste momento, o noso socio José-Luis Morais é responsábel da coordinación de comunicación e encárgase de todo o relacionado coa difusión de información da rede. Por outra banda, a actual presidenta da AGPTI, Iria Taibo, forma parte do grupo de traballo para a elaboración dun código de boas prácticas común á a todas as asociacións integrantes.
O último encontro tivo lugar na cidade de Valencia os pasados días 14 e 15 de xuño.