A presidenta da AGPTI participará na celebración do Día da Tradución da Universidade de Vigo

O acto, que terá lugar no Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo o venres 23 de setembro ás 11.00 h, renderá homenaxe aos 25 cursos da titulación de Tradución e Interpretación en Galicia (1992-1993/2016-2017).

Nel participarán as antigas alumnas e tradutoras Eva Almazán, Rosa Camiña e María Reimóndez, así como Ana Hermida, presidenta da AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación), que presentará a asociación.

Diario da Universidade de Vigo: http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=11797&Itemid=61