Desde a AGPTI celebraremos unha charla-debate sobre a importancia e o uso das linguas oficiales do Estado español nas institucións públicas, coa participación de cargos públicos de diferentes partidos políticos:
• José Luis Ferro, deputado do Partido Popular de Galicia (PPdG) no Parlamento de Galicia
• Marta Lois, deputada de Sumar no Congreso dos Deputados
• Modesto Pose, senador do Partido Socialista de Galicia (PSdG) no Senado
• Néstor Rego, deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso dos Deputados
Este acto, que moderará a nosa presidenta Iria Taibo, terá lugar o vindeiro venres 20 de outubro às 19:00 na Casa do Taberneiro, Santiago de Compostela.
Acude e axúdanos a difundir este acto!