Acto de entrega do VII Premio Xela Arias

Convidámosvos ao acto público de entrega do VII Premio Xela Arias que, por unanimidade, o xurado resolveu en conceder a Takekazu Asaka e a Gabriel Álvarez Martínez por construíren mediante o seu dedicado traballo unha sólida ponte entre as culturas galega e xaponesa, especialmente no ámbito literario.

 

Acto de entrega do VII Premio Xela Arias

O acto de entrega celebrarase o vindeiro sábado 14 de decembro ás 12:00 no auditorio do Museo das Peregrinacións (Santiago de Compostela).

Para amenizar a gala contaremos coa actuación musical de Freak GZM.