Acto V Premio Xela Arias

Este venres, día 16 de decembro, celebraremos o acto de entrega do V Premio Xela Arias de Tradución na Coruña, na sede da Fundación ONCE. Contaremos, tamén, coa actuación da Pedreira.

Resolveuse por unanimidade outorgarlle o Premio Xela Arias nesta V edición á Mesa pola Normalización Lingüística polo seu labor e dedicación na iniciativa de cambio da nova Lei Xeral do Audiovisual para conseguir que o galego teña financiamento anticipado nas producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.

O xurado considerou que esta iniciativa marca un punto de inflexión na conquista de dereitos do galego e unha nova etapa que estamos a constatar que se está a abrir no ámbito da tradución audiovisual cara ao galego.

As gañadoras das pasadas edicións foron a tradutora María Alonso Seisdedos (2018), a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (2019), o proxecto cooperativo NUMAX (2020) e a revista científica Viceversa.

Anímate a participar!