AGPTI nas IX Xornadas sobre Lingua e Usos da Universidade da Coruña

Xa están publicadas as actas e os audios das IX Xornadas sobre Lingua e Usos organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña e nas que a AGPTI participou como convidada na mesa redonda «Tradución e interpretacion profesional en diferentes linguas».

En representación da AGPTI acudiu Lara Santos, socia fundadora e presidenta até 2012, quen falou sobre o nacemento da asociación e as distintas áreas de traballo que nela se desenvolven actualmente.

Se tedes interese en volver escoitar todos os coloquios e conferencias ou non puidestes asistir ás xornadas, premede na seguinte ligazón:

Audios das IX Xornadas de Lingua e Tradución da UDC

Tamén podedes consultar o texto publicado nas actas elaborado por Patricia Buján, actual presidenta, e Lara Santos:

Actas das IX Xornadas de Lingua e Tradución da UDC