Durante os tres días intensos nos que tivo lugar o Culturgal, a AGPTI estivo presente para dar a coñecer a figura do/a profesional da tradución e interpretación e promover a nosa asociación.
A feira, ateigada de actividades de todo tipo e para todos os públicos, foi un éxito de asistencia. Ao noso stand achegouse moita xente e participou nas diferentes actividades que tiñamos organizadas. Algunhas persoas mesmo compartiron connosco a súa visión da tradución e da interpretación e reflexionaron sobre as dificultades do noso traballo e a necesidade de contratar profesionais.
Podedes ler un crónica completa da participación aquí.