Antía Veres Gesto gaña o Premio Plácido Castro

Hoxe, 1 de agosto de 2019, a Fundación Plácido Castro anunciou que a gañadora da XVIIIª edición do Premio Plácido Castro de tradución literaria é Antía Veres Gesto, socia da AGPTI. A tradutora guitiricense verteu ao galego a novela A Lost Lady (Unha muller perdida), da escritora estadounidense Willa Cather, inédita até agora na nosa lingua.

Antía xa fora laureada en 2017 co I Premio Realia de Tradución pola súa versión galega de Detrás da máscara, de Louisa May Alcott.

Velaquí a información na páxina da Fundación Plácido Castro.