O pasado mes de febreiro, o Parlamento galego daba a súa aprobación a unha iniciativa para garantir a comunicación das persoas xordas no acceso á sanidade pública galega. A AGTPI congratúlase polo acordo unánime do Parlamento galego a respecto desta iniciativa presentada polo grupo parlamentario do BNG. É un paso fundamental de cara a garantir a igualdade de dereitos de todas as persoas e a recoñecer e visibilizar o labor das intérpretes profesionais de lingua de sinais.