As asociacións de Editoras, Ilustradoras, Tradutoras, Librarías e Escritoras non acudirán ao Consello Asesor do Libro

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2022.- As cinco principais asociacións do sector do libro galego (Asociación Galega de Editoras, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación, Federación de Librarías de Galicia e Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) non asistiremos ao Consello Asesor do Libro convocado pola Consellería de Cultura e Educación para o vindeiro 15 de xullo.

 

Consideramos que o desenvolvemento das xuntanzas deste Consello Asesor non está a ser útil para o noso sector, pois nelas non se vehiculan solucións ou saídas aos principais problemas que afectan ao mundo do libro galego.

 

Ao mesmo tempo, queremos deixar constancia de que o Consello Asesor, cuxa creación foi unha demanda histórica do noso sector e así está recollido na Lei do Libro de 2006, é un organismo imprescindible onde abordar as principais liñas de traballo e de futuro para o libro galego.

 

Saúdos cordiais,

 

ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA

ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS

ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA ILUSTRACIÓN

ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

FEDERACIÓN DE LIBRARÍAS DE GALICIA