As letras das ciencias

Este ano para celebrar o Día Internacional da Tradución imos achegar un pouquiño máis as letras e as ciencias da man de dous excelentes comunicadores: Xurxo Mariño, investigador e divulgador científico e Maya Busqué, intérprete e tradutora do programa de divulgación científica Redes, de La2. Van desenvolver unha interesante conversa moderada por Lara Domínguez, tradutora, intérprete e vicepresidenta de AGPTI.

Será na Coruña, así que agardamos que veñades o día 7 de setembro á Domus, comezaremos ás 20.00!

Estades todos convidados!