ADMINISTRACIÓN

Aprobada iniciativa para garantir a comunicación de persoas xordas na sanidade

O pasado mes de febreiro, o Parlamento galego daba a súa aprobación a unha iniciativa para garantir a comunicación das persoas xordas no acceso á sanidade pública galega. A AGTPI congratúlase polo acordo unánime do Parlamento galego a respecto desta iniciativa presentada polo grupo parlamentario do BNG. É un paso fundamental de cara a garantir a …

Aprobada iniciativa para garantir a comunicación de persoas xordas na sanidade Ler máis »

Curso de introdución á interpretación cara ao galego impartido por María Reimóndez.

Últimas sesións do curso de introdución á interpretación cara ao galego

Esta fin de semana pasada acabou o curso de introdución á interpretación cara ao galego, impartido por María Reimóndez. A terceira sesión (xoves 25 de febreiro) estivo dedicada á interpretación simultánea. Primeiro, explicouse as situacións nas que se adoita utilizar este tipo de interpretación, o equipamento necesario, as destrezas que é importante dominar e a importancia do …

Últimas sesións do curso de introdución á interpretación cara ao galego Ler máis »

Curso de introdución á interpretación cara ao galego

Curso de introdución á interpretación cara ao galego

A AGPTI ofrece un curso dirixido a persoas que traballen no ámbito da tradución e queiran iniciarse como intérpretes, mais que non se consideren suficientemente preparadas ou formadas para facelo. Trátase dunha introdución xeral a este sector, na que se tratarán aspectos prácticos e técnicos, mais tamén as diferentes posibilidades de formación para iniciarse neste …

Curso de introdución á interpretación cara ao galego Ler máis »

XX aniversario da AGPTI

XX aniversario da AGPTI

En 2001, Saleta Fernández, Lara Santos e María Reimóndez, as tres pertencentes ás primeiras promocións da licenciatura de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo, crean a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación cunha serie de propósitos entre os que destacan defender os intereses das traballadoras e traballadores do sector, servir de plataforma …

XX aniversario da AGPTI Ler máis »

Un curso de comunicación con Carmen Máiz

Hai unha semana, o sábado 12 de novembro, un grupo de profesionais da tradución e da interpretación xuntabámonos na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela para asistir ao curso de introdución á comunicación dirixido por Carmen Máiz Bar, directora de Outrabanda Comunicación e profesora do departamento de Comunicación audiovisual e publicidade da Universidade de Vigo. …

Un curso de comunicación con Carmen Máiz Ler máis »

Entrega do III Premio Xela Arias

Este pasado venres día 18 de decembro achegámonos ao local da cooperativa santiaguesa NUMAX para entregar o III Premio Xela Arias de xeito privado, posto que non foi posíbel facer un acto público debido ás restricións pola actual situación sanitaria. Na AGPTI esperamos poder organizar en 2021 un acto público para celebrar a traxectoria da empresa compostelá. NUMAX é …

Entrega do III Premio Xela Arias Ler máis »

Curso de introdución á comunicación para tradutoras e intérpretes

A AGPTI levará a cabo o día 12 de decembro na Facultade de Filoloxía da USC un curso de introdución á comunicación para tradutoras e intérpretes impartido por Carmen Máiz Bar. Este curso, orientado a tradutoras e intérpretes, ten por obxectivo achegar as principais ferramentas de comunicación empresarial á disposición das profesionais do sector, para alcanzar …

Curso de introdución á comunicación para tradutoras e intérpretes Ler máis »

Dous actos relacionados coa TeI na Universidade de Vigo

Esta semana, terán lugar dous actos relacionados coa interpretación e a tradución na Universidade de Vigo. Un o xoves 29 e outro o venres 30 de outubro. Xornada «A cooperación ao desenvolvemento desde a perspectiva de xénero e os dereitos humanos»: esta xornada encádrase no proxecto MELINCO (Mediación lingüística para a cooperación ao desenvolvemento), dirixido pola doutora …

Dous actos relacionados coa TeI na Universidade de Vigo Ler máis »

NUMAX gañadora do III Premio Xela Arias

Co gallo do Día Internacional da Tradución, o xurado do III Premio Xela Arias, conformado pola Xunta Directiva da AGPTI e por Ana Luna Alonso, profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (entidade gañadora da edición de 2019), decidiu que a gañadora deste 2020 sexa NUMAX.

Co gallo do Día Internacional da Tradución, o xurado do III Premio Xela Arias, conformado pola Xunta Directiva da AGPTI e por Ana Luna Alonso, profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (entidade gañadora da edición de 2019), decidiu que a gañadora deste 2020 sexa NUMAX.

Unha merenda-conversa sobre interpretación nas industrias culturais

O pasado venres día 25 de setembro, as socias e socios da AGPTI reuníronse virtualmente para unha nova merenda-conversa dedicada, desta vez, á interpretación no sector das industrias culturais.

O pasado venres día 25 de setembro, as socias e socios da AGPTI reuníronse virtualmente para unha nova merenda-conversa dedicada, desta vez, á interpretación no sector das industrias culturais.