ADMINISTRACIÓN

carteiro

Charla “A xestión do correo electrónico sen agoniarse”

O próximo venres 14 de xuño o noso socio José-Luis Morais impartirá a charla “A xestión do correo electrónico sen agoniarse”. Será en Santiago de Compostela ás 17 h, xusto antes da nosa asemblea xeral, no Centro Cívico da Trisca (Corredoira das Fraguas, 92). A entrada é libre e de balde mais, para que poidamos tirar o …

Charla “A xestión do correo electrónico sen agoniarse” Ler máis »

Logotipo da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI)

Xuntanza da Red Vértice en Zaragoza

A Red Vértice reunirase en Zaragoza o próximo 8 de xuño. A asociación Aragonesa de Tradutores e Intérpretes (ASATI) será a encargada de acoller este ano as dezaseis asociacións de profesionais da tradución, interpretación e corrección que compoñen a rede. O día anterior, o venres 7 ás 17:30 h, realizarase unha presentación de todas as …

Xuntanza da Red Vértice en Zaragoza Ler máis »

Logotipo da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI)

Comunicado de desconformidade da AGPTI sobre a interpretación no programa «A revista» da TVG do día 9 de maio

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) quere amosar a súa sorpresa, desconformidade e rexeitamento ante unha cuestionable práctica observada na televisión pública galega, concretamente no programa A Revista do día 9 deste mes de maio de 2013, durante o cal foi entrevistado o músico Willie Nile con interpretación do inglés …

Comunicado de desconformidade da AGPTI sobre a interpretación no programa «A revista» da TVG do día 9 de maio Ler máis »

logo memo qtranslator pro

Cursos de memoQ

A AGPTI organiza en Santiago de Compostela un curso de iniciación e un curso de perfecionamento do programa de TAO MemoQ os días 8 e 9 de marzo de 2013, respectivamente. O curso será impartido por Iago Marra Pérez, tradutor técnico, usuario experto e formador de memoQ. 8-9 de marzo de 2013 Santiago de Compostela Profesor: …

Cursos de memoQ Ler máis »

AGPTI no Culturgal 2012

AGPTI no Culturgal 2012

Durante os tres días intensos nos que tivo lugar o Culturgal, a AGPTI estivo presente para dar a coñecer a figura do/a profesional da tradución e interpretación e promover a nosa asociación. A feira, ateigada de actividades de todo tipo e para todos os públicos, foi un éxito de asistencia. Ao noso stand achegouse moita …

AGPTI no Culturgal 2012 Ler máis »

Logotipo da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI)

PETRA: Plataforma Europea para a Tradución Literaria

En novembro de 2011, a AGPTI foi convidada a participar no congreso de PETRA que tivo lugar do 1 ao 3 de decembro en Bruxelas. PETRA é unha plataforma de recente creación que reúne e está aberta a todo tipo de organizacións relacionadas coa tradución literaria. PETRA, acrónimo de Plataforme Européenne pour la Traduction Littéraire, naceu como iniciativa …

PETRA: Plataforma Europea para a Tradución Literaria Ler máis »

Ciclo de cine «Silencio... Tradúcese!»

Ciclo de cine «Silencio… Tradúcese!»

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación e o Cineclub Lumière de Vigo organizan, en colaboración co Goethe-Institut, a Embaixada de Suíza en España e o Concello de Vigo, o ciclo «Silencio… Tradúcese!», unha mostra sobre a representación da tradución e da interpretación no cine. A da tradución e interpretación é unha …

Ciclo de cine «Silencio… Tradúcese!» Ler máis »

Logotipo da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI)

Corrección e ortotipografía da lingua española

Os días 28 e 29 de setembro terá lugar en Santiago de Compostela o curso “Corrección e ortotipografía da lingua española” impartido por Antonio Martín, presidente de UniCo. O curso abordará diferentes aspectos de ortotipografía da lingua española (entre outros, interferencias con outras linguas e cambios recentes na normativa), así como de corrección (procedementos, automatización …

Corrección e ortotipografía da lingua española Ler máis »