AGPTI AGPTI

Asemblea Xeral da AGPTI 2023

O pasado sábado 25 de marzo, a AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación) realizou a súa asemblea ordinaria no Museo do Pobo Galego. Os socios e socias aprobaron a reorganización das vogalías (coa incorporación de Ana Hermida como vogal de actividades) e grupos de traballo. Ademais, mantéñense xunta directiva, ademais da …

Asemblea Xeral da AGPTI 2023 Ler máis »

Acto V Premio Xela Arias

Este venres, día 16 de decembro, celebraremos o acto de entrega do V Premio Xela Arias de Tradución na Coruña, na sede da Fundación ONCE. Contaremos, tamén, coa actuación da Pedreira. Resolveuse por unanimidade outorgarlle o Premio Xela Arias nesta V edición á Mesa pola Normalización Lingüística polo seu labor e dedicación na iniciativa de …

Acto V Premio Xela Arias Ler máis »

Crónica Culturgal 2022

Presenza da AGPTI na Culturgal 2022 Un ano máis, a AGPTI participou na Culturgal en Pontevedra. A nosa presenza na feira xa non é novidade, e non só serve  para dar visibilidade á asociación e as súas liñas de funcionamento, senón tamén para facer contacto coas persoas e entidades interesadas nos diversos eidos nos que …

Crónica Culturgal 2022 Ler máis »

Actividades AGPTI Culturgal 2022

Actividades AGPTI – Culturgal 2022

Máis un ano contaremos cun posto na Culturgal. Do 24 ao 27 de novembro poderedes achegarvos para conversarmos sobre tradución ou facernos saber calquera tipo de dúbida. Alén disto, organizamos diferentes actividades ao longo do fin de semana: -Na primeira charla, sábado 26 ás 12:10, poderemos falar sobre a necesidade de consumirmos produtos audiovisuais en …

Actividades AGPTI – Culturgal 2022 Ler máis »

Resolución da V edición do Premio Xela Arias

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación resolveu por unanimidade outorgarlle o Premio Xela Arias nesta V edición a A Mesa pola Normalización Lingüística polo seu labor e dedicación na iniciativa de cambio da nova Lei Xeral do Audiovisual para conseguir que o galego teña financiamento anticipado nas producións audiovisuais nas canles …

Resolución da V edición do Premio Xela Arias Ler máis »

Convocatoria do V Premio Xela Arias

Ábrese o período de recepción de candidaturas para o V Premio Xela Arias A AGPTI abre a recepción de candidaturas para a V edición do Premio Xela Arias, que recoñece o labor de empresas, entidades ou persoas que contribúan á promoción do uso do galego no mercado da tradución e da interpretación (cara ou desde …

Convocatoria do V Premio Xela Arias Ler máis »

O galego, lingua sen fronteiras. Da Terra Chá á Terra Media – Faladoiro

Co motivo do Día Internacional da Tradución, este venres, día 30, ás 19:00 na Casa do Taberneiro de Santiago de Compostela, teremos un faladoiro sobre tradución audiovisual con tres das nosas socias: Manuel Arca (resposable de traducións de múltiples obras como Annie Hall, Dunkerque ou capítulos de Doraemon e Shin Chan) e mais Magdalena Sánchez …

O galego, lingua sen fronteiras. Da Terra Chá á Terra Media – Faladoiro Ler máis »

María Alonso Seisdedos, gañadora do Premio Plácido Castro de Tradución na súa vixésima edición

O 2 de setembro reuniuse en Cambados o xurado da XX.ª edición do Premio Plácido Castro de Tradución, integrado por Olga López López (Xunta de Galicia), Beatriz Fariñas Garrote (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación), Ramón Caride Ogando (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Alberte Álvarez Lugrís (Departamento de Tradución …

María Alonso Seisdedos, gañadora do Premio Plácido Castro de Tradución na súa vixésima edición Ler máis »

Encontro Anual da Rede Vértice 2022 – 10.º Aniversario

O vindeiro venres 2 de setembro organizamos o Encontro Anual da Rede Vértice onde celebraremos o 10.⁰ aniversario da súa creación xunto ao resto de asociacións integrantes. Será un acto aberto ao público no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da USC. Contaremos, tamén, coa actuación musical de Aldaolado. Animádevos a participar!

Premios Follas Novas

As asociacións de Editoras, Ilustradoras, Tradutoras, Librarías e Escritoras non acudirán ao Consello Asesor do Libro

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2022.- As cinco principais asociacións do sector do libro galego (Asociación Galega de Editoras, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación, Federación de Librarías de Galicia e Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) non asistiremos ao Consello Asesor do …

As asociacións de Editoras, Ilustradoras, Tradutoras, Librarías e Escritoras non acudirán ao Consello Asesor do Libro Ler máis »