Campaña estival de captación de novos socios e socias

A AGPTI facémola nós e, como sabemos que a unión fai a forza, queremos animarte a que te asocies. Quen solicite a alta desde agora e ata o 31 de agosto paga só a metade da cota de 2016 (15 € estudantes/titulados e 35 € socios e socias profesionais).

A AGPTI é unha asociación fundada para dar unha maior visibilidade á profesión e loitar contra as situacións de precariedade nas condicións laborais de profesionais da tradución e da interpretación. Ademais, é unha plataforma que permite conectar as persoas que traballan neste sector en Galicia. Podes solicitar a túa alta na AGPTI neste formulario.

Contamos contigo!