Actividades

“Traducións de premio”: acto da AGPTI na SELIC 2021

A Semana do Libro de Compostela (SELIC) celebrará a súa quinta edición do 10 ao 19 de setembro na rúa do Vilar e na praza das Praterías. O sábado 11 de setembro, a AGPTI participa no festival da lectura cun acto centrado en tres tradutoras premiadas. Referímonos a María Alonso Seisdedos, unha das tradutoras do […]

“Traducións de premio”: acto da AGPTI na SELIC 2021 Ampliar información

Curso de introdución á interpretación cara ao galego impartido por María Reimóndez.

Últimas sesións do curso de introdución á interpretación cara ao galego

Esta fin de semana pasada acabou o curso de introdución á interpretación cara ao galego, impartido por María Reimóndez. A terceira sesión (xoves 25 de febreiro) estivo dedicada á interpretación simultánea. Primeiro, explicouse as situacións nas que se adoita utilizar este tipo de interpretación, o equipamento necesario, as destrezas que é importante dominar e a importancia do

Últimas sesións do curso de introdución á interpretación cara ao galego Ampliar información

Curso de introdución á interpretación cara ao galego

Curso de introdución á interpretación cara ao galego

A AGPTI ofrece un curso dirixido a persoas que traballen no ámbito da tradución e queiran iniciarse como intérpretes, mais que non se consideren suficientemente preparadas ou formadas para facelo. Trátase dunha introdución xeral a este sector, na que se tratarán aspectos prácticos e técnicos, mais tamén as diferentes posibilidades de formación para iniciarse neste

Curso de introdución á interpretación cara ao galego Ampliar información

Curso de introdución á comunicación para tradutoras e intérpretes

A AGPTI levará a cabo o día 12 de decembro na Facultade de Filoloxía da USC un curso de introdución á comunicación para tradutoras e intérpretes impartido por Carmen Máiz Bar. Este curso, orientado a tradutoras e intérpretes, ten por obxectivo achegar as principais ferramentas de comunicación empresarial á disposición das profesionais do sector, para alcanzar

Curso de introdución á comunicación para tradutoras e intérpretes Ampliar información

Dous actos relacionados coa TeI na Universidade de Vigo

Esta semana, terán lugar dous actos relacionados coa interpretación e a tradución na Universidade de Vigo. Un o xoves 29 e outro o venres 30 de outubro. Xornada «A cooperación ao desenvolvemento desde a perspectiva de xénero e os dereitos humanos»: esta xornada encádrase no proxecto MELINCO (Mediación lingüística para a cooperación ao desenvolvemento), dirixido pola doutora

Dous actos relacionados coa TeI na Universidade de Vigo Ampliar información

Merenda-conversa: A interpretación nas industrias culturais

Merenda-conversa: A interpretación nas industrias culturais

O próximo xoves 24 de setembro, a AGPTI recuperará en formato merenda-conversa o faladoiro sobre a interpretación nas industrias culturais que non puido realizarse na pasada Culturgal 2019. Este encontro virtual, dirixido a  socias e socios da AGPTI e moderado pola vogal de interpretación Lara Santos, contará coa intervención de Susana Piñón e Béatrice Pépin. Ambas as profesionais,

Merenda-conversa: A interpretación nas industrias culturais Ampliar información

Unha merenda-conversa sobre consumo consciente

Unha merenda-conversa sobre consumo consciente

Este luns 8 de maio, as socias e socios da AGPTI volveron reunirse virtualmente para asistir á merenda-conversa sobre consumo consciente dirixida por Miguel Braña, tradutor e socio fundador de Catro Ventos Editora. Miguel falou da ética na profesión desde o punto de vista da economía social e solidaria, facendo unha serie de recomendacións e suxestións sobre

Unha merenda-conversa sobre consumo consciente Ampliar información

Unha merenda-conversa sobre linguaxe inclusiva

Unha merenda-conversa sobre linguaxe inclusiva

O pasado xoves 21 de maio, unha trintena de socias e socios da AGPTI reuniuse virtualmente para asistir á merenda-conversa sobre linguaxe inclusiva dirixida pola tradutora, intérprete, escritora e activista María Reimóndez. María, partindo de diferentes teorías lingüísticas feministas e queer, expuxo unha serie de ferramentas non sexistas e inclusivas aplicábeis a diversos campos no ámbito

Unha merenda-conversa sobre linguaxe inclusiva Ampliar información

Samuel Solleiro (Foto: Mopalmact)

Samuel Solleiro gaña o premio á mellor tradución na Gala do Libro 2020

O pasado 9 de maio divulgouse a lista de gañadores dos premios da Gala do Libro Galego 2020. Esta gala, convocada pola Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), coa coordinación xeral da primeira entidade, pretende “recoñecer a excelencia do

Samuel Solleiro gaña o premio á mellor tradución na Gala do Libro 2020 Ampliar información

Merendas-conversa virtuais (maio e xuño)

Merendas-conversa virtuais (maio e xuño)

Nos meses de maio e xuño, as socias e socios da AGPTI poderán participar nestas dúas merendas-conversa virtuais: 1. «Linguaxe inclusiva, ferramenta de traballo», dirixida por María Reimóndez Público: socias/os da AGPTI profesionais Data: xoves, 21 de maio de 2020, de 17:00 a 19:00 horas Lugar: virtual, a través da plataforma Zoom Inscrición: neste formulario Prazo

Merendas-conversa virtuais (maio e xuño) Ampliar información