Charla gratuíta de Fernando Navarro na Facultade de Tradución

Como aperitivo do curso de tradución médica que a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación (AGPTI) organiza en Santiago de Compostela, a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e a AGPTI presentan en Vigo unha charla gratuíta sobre a importancia do dicionario especializado para o tradutor biosanitario. O médico e tradutor Fernando A. Navarro desempeñou a dirección técnica do Diccionario de términos médico recentemente publicado pola Real Academia Nacional de Medicina e preséntanos a obra desde o punto de vista do tradutor.

  • Fernando A. Navarro: ¿Otro diccionario más de medicina? Qué puede aportar un diccionario al traductor
  • Data: venres, 24 de febreiro do 2012
  • Hora: 11:00
  • Lugar: Campus de Vigo, Facultade de Filoloxía e Tradución, pavillón B,”Sala de graos”
  • Asistencia gratuíta ata completaro aforo

No número 123 da revista Puntoycoma pódese consultar un extenso artigo sobre o Diccionario de términosmédicos de la Real  Academia Nacional de Medicina.