Nesta actividade abordarase a negociación económica de proxectos de tradución e de interpretación. As intervencións basearanse nas experiencias das socias encargadas de impartilas, e recollerán casos reais de traballo como profesionais autónomas tanto para axencias de tradución como para clientes directos.
Aínda que a experiencia das socias se centra principalmente no mercado para as combinacións de inglés a español e galego, pode extrapolarse a profesionais que traballen con outras linguas.
As intervencións iniciais pretenden servir de fío condutor e mencionar algunhas das claves desta complexa cuestión para posteriormente convidar aos socios a participar nun diálogo construtivo.
Contido
– Descrición do mercado: zonas xeográficas, tipos de clientes, tipos de servizo, etc.
– Servizos que se inclúen
– Gastos que se deben cubrir
– Activos e ferramentas para negociar
– O galego como activo
– Recargas e descontos, como e cando aplicalos
– Recomendacións xerais para conseguir a aceptación dun orzamento
Relatoras: Belén Carneiro, Lara Santos e Cristina Sexto
Lugar: Centro Sociocultural A Trisca, Corredoira das Fraguas 92, Santiago de Compostela (A Coruña)
Data: 10 de abril de 2015, ás 19.00
Organiza: Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI)