Comunicado da Rede Vértice sobre faltas de pagamento e condicións laborais

Rede Vértice, na cal está integrada a AGPTI, emitiu esta semana un comunicado en resposta á recente polémica polos impagamentos a un importante número de provedores do sector editorial (sobre todo, profesionais da tradución e da corrección).

A AGPTI pon hoxe o comunicado en galego á diposición do público.

A Rede Vértice é unha agrupación de dezanove asociacións de tradutores, intérpretes e correctores con presenza en España. Algúns dos seus obxectivos primordiais son coordinar as accións de todos os profesionais, representalos ante as Administracións públicas e contribuír a acadar mellores condicións laborais, así como garantir a calidade do traballo para o cliente e a sociedade en xeral.